jueves, 2 de diciembre de 2010

En alerta laranxa...

Hoxe, todas as actividades do Concello de Monterroso quedan canceladas polo temporal de neve.

Gracias.

jueves, 23 de septiembre de 2010

Chegou a "volta ao cole"

Ola a todos, comeza un novo curso da escola de música... así que xa está aberto o prazo de matrícula.

Podes matricularte en: PIANO, GUITARRA, BATERÍA, ACORDEÓN, VIOLÍN, FRAUTA, SAXOFÓN... e para os nenos de 4 a 7 anos: MÚSICA E MOVEMENTO.

Este ano hai instrumento para adultos, con clases individuais.

Podedes consultar os prezos das matrículas na oficina de información do centro sociocultural.

Este curso espérannos moitas novidades, que iremos avanzando o día da presentación e ao longo do curso... Escoitaremos e atenderemos todas as cuestións que nos queirades facer, así como suxerencias, todo con tal de mellorar o funcionamento da escola.

Presentación da Escola Municipal de Música de Monterroso

luns, 4 de outubro, ás 8 da tarde

Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso.

¡ESPERÁMOSVOS!

miércoles, 23 de junio de 2010

Chegou o día...



Chegou o día de fin de curso; remata o primeiro curso da Escola Municipal de Música de Monterroso. Que rápido pasou todo!! non tedes esa sensación? Foi un curso marabilloso, onde todos aprendemos, vós aprendestes moita música, a tocar un instrumento, unha canción ou a tocar en público sen medo a equivocarse... Nós aprendemos, gracias a vós, a amar ainda máis a nosa profesión. Estamos moi orgullosos de todos, fixestes un bo traballo e seguro que o traballo de todo o curso se verá recompensado no concerto de hoxe... porque o ides a facer xenial!

Ahora tócanos descansar un pouco durante o verán, para coller forzas, "recargar as pilas" e volver en setembro con moitas ganas de aprender, de desfrutar e de pasalo ben coa música.

Desfrutade das vacacións e moita sorte para o concerto!!

Dende aquí convidamos a todos os nosos veciños e amigos a que nos acompañen hoxe na nosa festa de fin de curso...

Ás 8.15 da tarde no Salón de Actos do Centro Sociocultural.

E para o Centro de Día teremos un Concerto ás 4.15 da tarde, que seguro lles encantará.

Unha aperta a todos!! e ata o vindeiro curso!

lunes, 21 de junio de 2010

DÍA EUROPEO DE LA MÚSICA

Hoy se celebra el Día Europeo de la Música, para festejarlo, ayer en Madrid representaron la Ópera Aida, de Verdi, en el mejor escenario, el Templo Debod. Os dejo en enlace para que podáis ver una pequeña muestra. Espero que os guste.


¡¡FELIZ DÍA DE LA MÚSICA!!

viernes, 18 de junio de 2010

Última semana do curso

Ola a todos, déixovos aquí os horarios da próxima semana, a última do curso.

MARTES 22, de 4 a 6 h. no Centro Sociocultural. Para todos os alumnos, menos os de música e movemento. Acordádevos de traer as guitarras e as partituras!!
Entregaranse as notas do terceiro trimestre.

MÉRCORES 23, no Centro Sociocultural.

- ás 4h. puntuais! no Salón de Actos.
- ás 4.15h. : Concerto para o Centro de Día.
- Descanso e último ensaio.
- ás 6h. : alumnos de música e movemento.
- 8.15h. : CONCERTO FIN DE CURSO e entrega de diplomas.

Vide con ganas de ensaiar, tocar, tocar e tocar e... sobre todo... pasalo ben!!
Ata o martes!!

martes, 8 de junio de 2010

SEMANA DE EXÁMENES

Hola a todos!! esta semana estamos de exámenes de instrumento. Tenéis los horarios en el tablón de la escuela. Los exámenes de piano serán el martes y el miércoles; batería el miércoles; y guitarra el jueves.
Esta semana no habrá clase de lenguaje musical por los exámenes, pero la semana que viene ya volvemos al horario habitual.
La clase de música y movimiento se mantiene el mismo día y a la misma hora (jueves a las 6).

MUCHA SUERTE A TODOS!!

Si tenéis alguna pregunta, duda, sugerencia, problema, etc. no dudéis en comunicarlo.

Os dejo este enlace... espero que os guste!

martes, 4 de mayo de 2010

Interesante...

Os dejo este enlace que me parece muy interesante para los que amamos la música.
Podréis encontrar partituras, conciertos, videos, fotografías, conferencias, concursos... y mucha música.
¡Espero que os guste!
www.ClassicalPlanet.es

jueves, 8 de abril de 2010

Terceiro trimestre

Esta semana comezamos o terceiro e último trimestre deste primeiro curso da Escola Municipal de Música de Monterroso. Neste trimestre temos previsto distintas actividades que vos iremos avanzando según pasen os días.

Esperamos que aproveitedes moito as clases e que aprendades moito. Non é necesario moitísimo esforzo, só un pouco de traballo, atención e ilusión. A música axúdanos a pensar, a abrir a nosa mente, a manter a atención no que estamos a facer. Axúdanos a facer varias cousas á vez, lemos unha partitura, dúas liñas superpostas, mentres pensamos o que fai a man esquerda se esquencer a dereita, que tamén ten a súa función. A música parece sinxela, pero á vez é complexa. A música é un todo coordinado. Un profesor díxome unha vez "a música é como resolver unha gran ecuación matemática", non é que me gusten moito as matemáticas, teño que recoñecelo, pero sei que a música desenvolve a túa mente, fai traballar ao teu cerebro a pleno rendemento e fai que expresemos os nosos sentimentos. Estamos traballando todo esto sen darnos conta, aproveitádeo!

Sin música la vida sería un error.
Enviar frase
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filosofo alemán.

La música es el corazón de la vida. Por ella habla el amor; sin ella no hay bien posible y con ella todo es hermoso.
Enviar frase
Franz Liszt (1811-1886) Pianista y compositor austriaco de origen húngaro.

lunes, 8 de marzo de 2010

Exames do 2º trimestre

Alumn@s, no taboleiro da escola tedes os horarios das probas de intrumento, acordádevos de mirar e anotar o voso horarios, non vos esquezades... e, por favor, puntualidade!

martes 16 e mércores 17: exames de linguaxe musical.

martes 23: examen de batería.

martes 23 e mércores 24: examen de piano.

xoves 25: examen de guitarra.

ENTREGA DE NOTAS: xoves 25 ás 8.30 horas na Escola de Música.

¡Moita sorte!

viernes, 5 de febrero de 2010

Moitas grazas!


Sólo podo decir... moitas grazas! moitas grazas pola boa resposta a este concerto, a todos os que colaborastes e aos que participastes.

A Escola Municipal de Música de Monterroso recadou 501€ para Haití, axuda que xa foi ingresada na conta que abríu o Concello de Monterroso na Caixa Galicia, sumandose á axuda de todos os monterrosinos para esta causa e que será enviada a Médicos Sen Fronteiras.

Noraboa a todos os alumnos polo concerto, foi xenial! Seguide así traballando, como ata agora, sendo responsables e comprometidos co que facedes e facendo que a música vaia entrando nas vosas vidas para quedarse.

miércoles, 3 de febrero de 2010

Concerto para a Paz e a Solidaridade


CONCERTO PARA A PAZ E A SOLIDARIDADE

Día: XOVES, 4 DE FEBREIRO

Hora: ás 20 horas (8 da tarde)

Lugar: Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso

Como sabedes, o día 30 de xaneiro foi o Día Internacional da Paz e, con ese motivo, a Escola Municipal de Música de Monterroso organiza este concerto que terá como lema a paz e a solidaridade. Pretendemos recadar fondos para Haití, que ademais de ser un país asolado pola catástrofe, é un dos países máis pobres do mundo e agora mesmo vive en tensión pola falta de víveres, producíndose conflitos e matanzas no que queda das súas rúas. Recordaremos a países que sufriron e sofren continuas guerras e a aqueles nenos que conviven a diario con explosións que lles poden causar a morte, algo que para eles xa non é extraño.

A música non entende de raza, color ou condición; a música é a linguaxe universal; a música é a voz da esperanza e fai que ata nos momentos máis difíciles esbocemos un sorriso; a música é arte; a música é unha forma de expresarnos; a música é paz, igualdade e solidaridade, os piares para construír un mundo mellor, os valores que intentamos transmitir aos nosos alumnos.

Con este concerto, queremos mandar unha mensaxe de esperanza a todos aqueles países que están sufrindo un conflito bélico, a todas as persoas do mundo que fan fronte á máis mísera pobreza, a todas as persoas do mundo que o perderon todo, como os cidadáns de Haití.

Hai uns días, entre escombros, ruínas, mortes e miseria, vimos unhas imaxes duns nenos que foron recollidos nun campamento improvisado, porque perderon a súa familia; rodeados daquel inferno, unha cooperante púxose a cantar con eles, enseguida lle seguiron e cantaron e bailaron intentando esquecer o sucedido. Seguía a tristeza nos seus ollos, pero á vez que cantaban e se movían, deixaban aparcada por un instante a soidade, era o seu berro de esperanza. A música fixo que eses nenos puideran vivir un momento cheo de ledicia, dentro da máis triste amargura.

Engadiremos o recadado nestes días á conta que abriu o Concello de Monterroso para esta causa, colaboración que se enviará a Médicos Sen Fronteiras e coa que seguro axudaremos a levantar a Haití. Moitísimas grazas pola axuda, estou segura de que coa nosa aportación salvaranse moitas vidas e farémoslles a vida un pouquiño máis agradable.

Dende aquí, mandámoslles toda a nosa forza para saír adiante, aos haitianos e a moitos outros cidadáns do mundo que non pasan por un bo momento.

sábado, 16 de enero de 2010

A Escola con Haití


Hoxe non falamos de música no noso blog... hoxe, máis más nunca, acordámonos do país máis pobre do mundo: HAITÍ. Un país sumerxido na dura miseria vive os momentos máis difíciles da súa historia. Estes días vemos terroríficas imaxes nos telexornais, desesperación, temor, pánico, desolación, incluso, resignación; perdérono todo, non me refiro ao material, senon ao persoal. Os supervivintes perderon aos seus pais, fillos, irmáns... vemos nenos desorientados camiñando sen rumbo por rúas que xa non existen, chamando por alguén que xamáis respostará. Silencio... Berros... Haití é un verdadeiro inferno. O que queda das súas rúas está cuberto de cadáveres esperando a que alguén os identifique, algo que é imposible, pois falamos de miles de mortos. Acaban todos nunha fosa común, ricos e pobres, ministros e parados, médicos e agricultores, unha vida diferente co mesmo final. 30ºC de calor húmido, é o cuarto día, corren risco de pestes e enfermidades, camiñan con máscaras porque o cheiro é insoportable, non hai tempo para identificar a ninguén... así que rápidamente levan a miles de corpos a fosas comúns axudados por palas, como se formaran parte dos escombros, como se fosen un anaco de formigón, un ferro, unha pedra... non poden esperar. Intentan buscar aos seus seres queridos, ainda que pouco a pouco perden a esperanza de atopalos con vida. Hoxe vimos unha imaxe esperanzadora, a vida dentro da morte, a pequena Winnie, un bebé de 18 meses, apareceu en bo estado; só lle queda un tío, os seus pais encóntranse entre os case 200.000 mortos dos que se fala hoxe nos medios de información.

Non podemos deixar pasar a oportunidade, porque é cando máis nos necesitan. É verdade que este país se encontra entre o máis pobre do mundo, e que os haitianos sempre viviron nunha amargura, pasando fame e miseria, e, probablemente, ningún de nós nos acordamos da súa situación, nin axudamos a que saíran adiante. Pero agora, necesítannos máis que nunca, pois o pouco que tiñan desapareceu.
Hoxe, mentres escoitaba o telexornal e vía as tremendas imaxes que seguro todos tedes na vosa mente, pensaba... ¿cómo pode ser posible que no mundo convivan tantas desigualdades? ¿Por que tantas inxustizas? á vez que me repetía: ¡que acostumados estamos no Primeiro Mundo a que os medios de comunicación nos mostren mortes, fame, miseria á hora de xantar, e, moitas veces, nin nos conmovemos, nin nos chama a atención! Simplemente digo esto como unha reflexión, para que pensemos que o que para nos é tan só un pouquiño, para eles é vida. Non se pode facer nada polos que xa desapareceron, pero sí podemos axudar a que os que "volveron a nacer" poidan continuar sobrevivindo, e digo sobrevivindo porque quizáis á súa situación non se lle poida chamar vida, senon supervivencia. Non podemos deixar que morran de fame, necesítannos para levantar de novo o seu país.

Deixo varios números de conta de diferentes ONGs, nos que podemos facer o ingreso para axudar a Haiti, non importa a cantidade, se todo o mundo aportase tan só 1€, a axuda sería incríble.

Cruz Roja: www.cruzroja.es y en las cuentas del BBVA (0081 0627 34 0001114312); Banesto (0030 1001 35 0004707271); Bankinter (0128 0010 97 0100121395); Caja Madrid (2038 0603 29 6006640085); La Caixa (2100 0600 85 0201960066); Banco Popular (0075 0001 89 0600222267); Santander (0049 0001 53 2110022225); Triodos Bank (1491 0001 21 0010003006)

Plan: 902 244 000 y en los números de cuentas para donaciones: Bco. Santander (0049 0001 56 2010025526); BBVA (0182 4018 14 0208515929); La Caixa: (2100-2927-90-0200054649) Además, puedes envíar un sms con la palabra PLAN al 25152.

Intermon-Oxfam: www.intermonoxfam.org/es y Además en las cuentas de La Caixa (2100 0765 81 0200111128); Caixa Catalunya (2013 0500 16 0213198878); Caja Madrid (2038 8978 17 6000016604); CAN (2054 0300 56); Santander (0049 1806 91 2111869471); BBVA (0182 6035 49 0201502475); Banco Sabadell-Atlántico (0081 7011 110001698879); Triodos Bank (1491-0001-21-0010010201)

Unicef: 902 255 505 y en las cuentas de BBVA (0182 5906 81 0010033337); Banesto (0030 8301 78 0000046271); Banco Popular (0075 0001 87 0606914075); Santander (0049 0001 59 2810100005); Caja Madrid (2038 1043 19 6000877505); La Caixa (2100 5731 70 0200005001)

Médicos sin Fronteras: www.msf.es y 902 250 902. Y en las cuentas del Santander (0049 1806 95 2811869099);La Caixa (2100 3063 99 2200110010); BBVA (0182 6035 49 0000748708)

Médicos del mundo: 902 286 286 y en las cuentas del BCSH (0049 0001 59 2810010006); La Caixa (2100 4466 99 0200020000); Caja Madrid (2038 0603 22 6800047052); Banesto (0030 1026 08 0015859271); BBVA (0182 0969 60 0200015552).

Save the children: www.savethechildren.es y 902 013 224. Además en las cuentas del Santander (0049 0001 52 2410019194); La Caixa (2100 1727 12 0200032834); BBVA (0182 5502 58 0010020207); Caja Madrid (2038 1004 71 6800009930).

Entreculturas: en las cuentas del Banco Santander (0049 0496 83 2010200) y del BBVA (0182 4000 62 0208002127)

Acción contra el hambre: con la referencia Emergencia en Haití en las cuentas del SCH (0049 0001 52 2410030007); Cajamadrid (2038 1052 44 6000741510); La Caixa (2100 2999 93 0200030018)

Ayuda Española de Emergencias: 2100 2254 18 0200213776


Tamén podedes encontrar estas e máis contas en xornais como EL País ou La Voz de Galicia, nas páxinas web das ONGs ou nos telexornais. Pódese facer o ingreso en calquer banco ou caixa, pois ao estar destinado a axuda humanitaria non cobran comisión.
Un dato: a ONG Médicos sin Fronteras non ten ningún intermediario, administran eles mesmos as axudas que lles chegan, e como esta, moitas outras. ¡Axudemos a Haití!

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MONTERROSO
TAMÉN QUERE APORTAR A SÚA AXUDA

A partir do martes, 19 de xaneiro, haberá unha urna nas aulas da Escola de Música e tamén no Centro Sociocultural.

Tatiana

domingo, 10 de enero de 2010

FESTIVAL DE NADAL


A Escola Municipal de Música de Monterroso celebrou o xoves, 17 de decembro, o Festival de Nadal. Os alumn@s deleitaron ao público cantando e tocando panxoliñas.
A actuación foi todo un éxito, tan só despois de dous meses de clase conseguimos facer un concerto! Moi ben rapaces! seguide con ese entusismo, ilusión e inquedanza pola música.
Os ensaios serviron para unirnos ainda más, aprender a traballar en grupo, aprender que toda satisfacción require un esforzo e que todo esforzo pode facerse divertíndose, con agrado e bo humor.
Os profesores da Escola estamos moi orgullosos por todos vós, seguide así... e agora, a comezar o 2º trimestre con moita ilusión e moitas ganas de traballar!!


Vémonos o martes, 12 de xaneiro. Comeza o 2º trimestre da Escola de Música.