Podes matricularte en: PIANO, GUITARRA, BATERÍA, ACORDEÓN, VIOLÍN, FRAUTA, SAXOFÓN... e para os nenos de 4 a 7 anos: MÚSICA E MOVEMENTO.
Este ano hai instrumento para adultos, con clases individuais.
Podedes consultar os prezos das matrículas na oficina de información do centro sociocultural.
Este curso espérannos moitas novidades, que iremos avanzando o día da presentación e ao longo do curso... Escoitaremos e atenderemos todas as cuestións que nos queirades facer, así como suxerencias, todo con tal de mellorar o funcionamento da escola.
Presentación da Escola Municipal de Música de Monterroso
luns, 4 de outubro, ás 8 da tarde
Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso.
¡ESPERÁMOSVOS!