jueves, 8 de abril de 2010

Terceiro trimestre

Esta semana comezamos o terceiro e último trimestre deste primeiro curso da Escola Municipal de Música de Monterroso. Neste trimestre temos previsto distintas actividades que vos iremos avanzando según pasen os días.

Esperamos que aproveitedes moito as clases e que aprendades moito. Non é necesario moitísimo esforzo, só un pouco de traballo, atención e ilusión. A música axúdanos a pensar, a abrir a nosa mente, a manter a atención no que estamos a facer. Axúdanos a facer varias cousas á vez, lemos unha partitura, dúas liñas superpostas, mentres pensamos o que fai a man esquerda se esquencer a dereita, que tamén ten a súa función. A música parece sinxela, pero á vez é complexa. A música é un todo coordinado. Un profesor díxome unha vez "a música é como resolver unha gran ecuación matemática", non é que me gusten moito as matemáticas, teño que recoñecelo, pero sei que a música desenvolve a túa mente, fai traballar ao teu cerebro a pleno rendemento e fai que expresemos os nosos sentimentos. Estamos traballando todo esto sen darnos conta, aproveitádeo!

Sin música la vida sería un error.
Enviar frase
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filosofo alemán.

La música es el corazón de la vida. Por ella habla el amor; sin ella no hay bien posible y con ella todo es hermoso.
Enviar frase
Franz Liszt (1811-1886) Pianista y compositor austriaco de origen húngaro.