jueves, 23 de septiembre de 2010

Chegou a "volta ao cole"

Ola a todos, comeza un novo curso da escola de música... así que xa está aberto o prazo de matrícula.

Podes matricularte en: PIANO, GUITARRA, BATERÍA, ACORDEÓN, VIOLÍN, FRAUTA, SAXOFÓN... e para os nenos de 4 a 7 anos: MÚSICA E MOVEMENTO.

Este ano hai instrumento para adultos, con clases individuais.

Podedes consultar os prezos das matrículas na oficina de información do centro sociocultural.

Este curso espérannos moitas novidades, que iremos avanzando o día da presentación e ao longo do curso... Escoitaremos e atenderemos todas as cuestións que nos queirades facer, así como suxerencias, todo con tal de mellorar o funcionamento da escola.

Presentación da Escola Municipal de Música de Monterroso

luns, 4 de outubro, ás 8 da tarde

Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso.

¡ESPERÁMOSVOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario