miércoles, 23 de junio de 2010

Chegou o día...



Chegou o día de fin de curso; remata o primeiro curso da Escola Municipal de Música de Monterroso. Que rápido pasou todo!! non tedes esa sensación? Foi un curso marabilloso, onde todos aprendemos, vós aprendestes moita música, a tocar un instrumento, unha canción ou a tocar en público sen medo a equivocarse... Nós aprendemos, gracias a vós, a amar ainda máis a nosa profesión. Estamos moi orgullosos de todos, fixestes un bo traballo e seguro que o traballo de todo o curso se verá recompensado no concerto de hoxe... porque o ides a facer xenial!

Ahora tócanos descansar un pouco durante o verán, para coller forzas, "recargar as pilas" e volver en setembro con moitas ganas de aprender, de desfrutar e de pasalo ben coa música.

Desfrutade das vacacións e moita sorte para o concerto!!

Dende aquí convidamos a todos os nosos veciños e amigos a que nos acompañen hoxe na nosa festa de fin de curso...

Ás 8.15 da tarde no Salón de Actos do Centro Sociocultural.

E para o Centro de Día teremos un Concerto ás 4.15 da tarde, que seguro lles encantará.

Unha aperta a todos!! e ata o vindeiro curso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario