domingo, 10 de enero de 2010

FESTIVAL DE NADAL


A Escola Municipal de Música de Monterroso celebrou o xoves, 17 de decembro, o Festival de Nadal. Os alumn@s deleitaron ao público cantando e tocando panxoliñas.
A actuación foi todo un éxito, tan só despois de dous meses de clase conseguimos facer un concerto! Moi ben rapaces! seguide con ese entusismo, ilusión e inquedanza pola música.
Os ensaios serviron para unirnos ainda más, aprender a traballar en grupo, aprender que toda satisfacción require un esforzo e que todo esforzo pode facerse divertíndose, con agrado e bo humor.
Os profesores da Escola estamos moi orgullosos por todos vós, seguide así... e agora, a comezar o 2º trimestre con moita ilusión e moitas ganas de traballar!!


Vémonos o martes, 12 de xaneiro. Comeza o 2º trimestre da Escola de Música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario