martes, 1 de diciembre de 2009

Taller de instrumentos musicais





Con motivo da celebración de Santa Cecilia, os alumnos da Escola Municipal de Música de Monterroso participaron nun taller de construcción de instrumentos musicais, a tarde do xoves 26 de novembro. A experiencia foi moi gratificante, tanto para profesores como para alumnos. Investigaron novos sons, descubriron cómo facer un instrumento dunha forma sinxela e, sobre todo, aprenderon a traballar en equipo e divertíronse... Outra forma de aprender música.
Os alumnos da Escola dividíronse en 3 grupos, os alumnos do primeiro e segundo grupo realizaron un pau de choiva e un bongo, e o terceiro, formado polos máis pequenos, un móbil de son e un pito de entroido, todo realizado con material que temos nas nosas casas: macetas das prantas, lápices, macarróns, tubos de cartón de papel hixiénico ou de cociña, lentellas...
Esperamos que pasárades un anaco agradable.
E agora? comeza decembro, así que, a Escola de Música ponse en marcha para preparar o Nadal... tedes algunha idea? Escribídea no blog ou facédenola chegar!
Aprender música... é divertido!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario