viernes, 18 de junio de 2010

Última semana do curso

Ola a todos, déixovos aquí os horarios da próxima semana, a última do curso.

MARTES 22, de 4 a 6 h. no Centro Sociocultural. Para todos os alumnos, menos os de música e movemento. Acordádevos de traer as guitarras e as partituras!!
Entregaranse as notas do terceiro trimestre.

MÉRCORES 23, no Centro Sociocultural.

- ás 4h. puntuais! no Salón de Actos.
- ás 4.15h. : Concerto para o Centro de Día.
- Descanso e último ensaio.
- ás 6h. : alumnos de música e movemento.
- 8.15h. : CONCERTO FIN DE CURSO e entrega de diplomas.

Vide con ganas de ensaiar, tocar, tocar e tocar e... sobre todo... pasalo ben!!
Ata o martes!!

martes, 8 de junio de 2010

SEMANA DE EXÁMENES

Hola a todos!! esta semana estamos de exámenes de instrumento. Tenéis los horarios en el tablón de la escuela. Los exámenes de piano serán el martes y el miércoles; batería el miércoles; y guitarra el jueves.
Esta semana no habrá clase de lenguaje musical por los exámenes, pero la semana que viene ya volvemos al horario habitual.
La clase de música y movimiento se mantiene el mismo día y a la misma hora (jueves a las 6).

MUCHA SUERTE A TODOS!!

Si tenéis alguna pregunta, duda, sugerencia, problema, etc. no dudéis en comunicarlo.

Os dejo este enlace... espero que os guste!

martes, 4 de mayo de 2010

Interesante...

Os dejo este enlace que me parece muy interesante para los que amamos la música.
Podréis encontrar partituras, conciertos, videos, fotografías, conferencias, concursos... y mucha música.
¡Espero que os guste!
www.ClassicalPlanet.es

jueves, 8 de abril de 2010

Terceiro trimestre

Esta semana comezamos o terceiro e último trimestre deste primeiro curso da Escola Municipal de Música de Monterroso. Neste trimestre temos previsto distintas actividades que vos iremos avanzando según pasen os días.

Esperamos que aproveitedes moito as clases e que aprendades moito. Non é necesario moitísimo esforzo, só un pouco de traballo, atención e ilusión. A música axúdanos a pensar, a abrir a nosa mente, a manter a atención no que estamos a facer. Axúdanos a facer varias cousas á vez, lemos unha partitura, dúas liñas superpostas, mentres pensamos o que fai a man esquerda se esquencer a dereita, que tamén ten a súa función. A música parece sinxela, pero á vez é complexa. A música é un todo coordinado. Un profesor díxome unha vez "a música é como resolver unha gran ecuación matemática", non é que me gusten moito as matemáticas, teño que recoñecelo, pero sei que a música desenvolve a túa mente, fai traballar ao teu cerebro a pleno rendemento e fai que expresemos os nosos sentimentos. Estamos traballando todo esto sen darnos conta, aproveitádeo!

Sin música la vida sería un error.
Enviar frase
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filosofo alemán.

La música es el corazón de la vida. Por ella habla el amor; sin ella no hay bien posible y con ella todo es hermoso.
Enviar frase
Franz Liszt (1811-1886) Pianista y compositor austriaco de origen húngaro.

lunes, 8 de marzo de 2010

Exames do 2º trimestre

Alumn@s, no taboleiro da escola tedes os horarios das probas de intrumento, acordádevos de mirar e anotar o voso horarios, non vos esquezades... e, por favor, puntualidade!

martes 16 e mércores 17: exames de linguaxe musical.

martes 23: examen de batería.

martes 23 e mércores 24: examen de piano.

xoves 25: examen de guitarra.

ENTREGA DE NOTAS: xoves 25 ás 8.30 horas na Escola de Música.

¡Moita sorte!

viernes, 5 de febrero de 2010

Moitas grazas!


Sólo podo decir... moitas grazas! moitas grazas pola boa resposta a este concerto, a todos os que colaborastes e aos que participastes.

A Escola Municipal de Música de Monterroso recadou 501€ para Haití, axuda que xa foi ingresada na conta que abríu o Concello de Monterroso na Caixa Galicia, sumandose á axuda de todos os monterrosinos para esta causa e que será enviada a Médicos Sen Fronteiras.

Noraboa a todos os alumnos polo concerto, foi xenial! Seguide así traballando, como ata agora, sendo responsables e comprometidos co que facedes e facendo que a música vaia entrando nas vosas vidas para quedarse.

miércoles, 3 de febrero de 2010

Concerto para a Paz e a Solidaridade


CONCERTO PARA A PAZ E A SOLIDARIDADE

Día: XOVES, 4 DE FEBREIRO

Hora: ás 20 horas (8 da tarde)

Lugar: Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso

Como sabedes, o día 30 de xaneiro foi o Día Internacional da Paz e, con ese motivo, a Escola Municipal de Música de Monterroso organiza este concerto que terá como lema a paz e a solidaridade. Pretendemos recadar fondos para Haití, que ademais de ser un país asolado pola catástrofe, é un dos países máis pobres do mundo e agora mesmo vive en tensión pola falta de víveres, producíndose conflitos e matanzas no que queda das súas rúas. Recordaremos a países que sufriron e sofren continuas guerras e a aqueles nenos que conviven a diario con explosións que lles poden causar a morte, algo que para eles xa non é extraño.

A música non entende de raza, color ou condición; a música é a linguaxe universal; a música é a voz da esperanza e fai que ata nos momentos máis difíciles esbocemos un sorriso; a música é arte; a música é unha forma de expresarnos; a música é paz, igualdade e solidaridade, os piares para construír un mundo mellor, os valores que intentamos transmitir aos nosos alumnos.

Con este concerto, queremos mandar unha mensaxe de esperanza a todos aqueles países que están sufrindo un conflito bélico, a todas as persoas do mundo que fan fronte á máis mísera pobreza, a todas as persoas do mundo que o perderon todo, como os cidadáns de Haití.

Hai uns días, entre escombros, ruínas, mortes e miseria, vimos unhas imaxes duns nenos que foron recollidos nun campamento improvisado, porque perderon a súa familia; rodeados daquel inferno, unha cooperante púxose a cantar con eles, enseguida lle seguiron e cantaron e bailaron intentando esquecer o sucedido. Seguía a tristeza nos seus ollos, pero á vez que cantaban e se movían, deixaban aparcada por un instante a soidade, era o seu berro de esperanza. A música fixo que eses nenos puideran vivir un momento cheo de ledicia, dentro da máis triste amargura.

Engadiremos o recadado nestes días á conta que abriu o Concello de Monterroso para esta causa, colaboración que se enviará a Médicos Sen Fronteiras e coa que seguro axudaremos a levantar a Haití. Moitísimas grazas pola axuda, estou segura de que coa nosa aportación salvaranse moitas vidas e farémoslles a vida un pouquiño máis agradable.

Dende aquí, mandámoslles toda a nosa forza para saír adiante, aos haitianos e a moitos outros cidadáns do mundo que non pasan por un bo momento.