
Sólo podo decir... moitas grazas! moitas grazas pola boa resposta a este concerto, a todos os que colaborastes e aos que participastes.
A Escola Municipal de Música de Monterroso recadou 501€ para Haití, axuda que xa foi ingresada na conta que abríu o Concello de Monterroso na Caixa Galicia, sumandose á axuda de todos os monterrosinos para esta causa e que será enviada a Médicos Sen Fronteiras.
Noraboa a todos os alumnos polo concerto, foi xenial! Seguide así traballando, como ata agora, sendo responsables e comprometidos co que facedes e facendo que a música vaia entrando nas vosas vidas para quedarse.
Monterroso enviará a Médicos Sen Fronteiras... 1600 € para axudar aos cidadáns de Haití. Grazas a todos!
ResponderEliminar